Novas 2016

ESPECIAL

15 Feb 2016

Dupla na casa para NT2 Hondarribia

Dupla na casa para NT2 Hondarribia

Os da Ama Guadalupekoa impóñense coas súas dúas embarcacións, mentres que as mulleres de Orio Babyauto fan o propio
 

Este sábado Hondarribia acolleu un dos primeiros encontros da pretempada, até onde se achegaron un total de 28 traíñas repartidas en diferentes categorías e, malia o desapacíbel que se presentou a tarde, foi moito púbico o que quixo presenciar ao vivo este espectáculo.

En categoría masculina, o vixente campión da Coroa CaixaBank, NT2 Hondarribia, conseguiuno dúas veces coas súas tripulacións. A embarcación A, composta apenas por remeiros canteiráns, impúxose con un tempo de 21’14’’29, con unha vantaxe de 17 segundos sobre a B. A terceira praza foi para Orio Babyauto, cedendo 25 segundos. A ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare foi cuarta con un rexistro de 21’46’’, nove segundos mellor que San Juan Iberdrola. Astillero levou a sexta posición a un minuto da ‘Ama Guadalupekoa’, mentres que Zumaia cedeu 1’24”, completando así a partida de embarcacións da Liga San Miguel.

En féminas, Orio Babyauto, que leva pleno no que vai de pretempada, conseguiu imporse con unha marca de 14’49”58, mellorando case en dous segundos o tempo de Hibaika Jamones Ancín. Mentres que NT2 Hondarribia completou a clasificación. En veteráns, Telmo Deun foi o gañador por diante de Getxo e Fortuna. 

Voltar