Novas 2010

COMPETICION

22 Xul 2010

DUNHA BEIRA Á OUTRA, DO ROSA AO MORADO: KOFRADIAREN XVI. IKURRINA

DUNHA BEIRA Á OUTRA, DO ROSA AO MORADO: KOFRADIAREN XVI. IKURRINA

O testemuño cruza a ría dende San Juan a San Pedro, para disputar a 8ª regata da Liga San Miguel

A emoción da Liga San Miguel cruza de ribeira. O convoi remeiro dará este domingo un chimpo de apenas 200 metros para se trasladar de Pasai Donibane a Pasai San Pedro. 200 metros é unha distancia pequena, pero muda todo. Muda a cor. Do rosa de Pasai Donibane pasa ao morado de Pasai San Pedro. Da proba en liña pasa á contra o reloxo. Da xornada vespertina da véspera pasa á matutina do domingo. San Pedro acolle a XVI edición da KOFRADIAREN IKURRINA, 8ª proba puntuábel da Liga San Miguel, patrocinada pola Confradía de Mariñeiros de San Pedro.

A cita é ás 12 do mediodía, e as embarcacións partirán en tres quendas de catro barcos, cun intervalo dun minuto entre cadasúa traíña. A orde de saída estabelecerase en base á calificación da regata da véspera. Cita especial para a traíña morada da Libia, que tentará facer unha boa regata nunhas augas que coñece perfectamente, para cando menos, conseguir un oco na segunda quenda e non despedirse definitivamente da Corona Caja Madrid. É a terceira regata que se vai disputar na modalidade de contrar o reloxo. As dúas anteriores gañounas Orio Amenabar (Bilbao) e San Juan Iberdrola (Moaña).

A regata repartirá 22.500 euros en premios, e as embarcacións terán que cubrir unha distancia de 5.556 metros, tres millas mariñas

Voltar