Novas 2016

COMPETICION

19 Abr 2016

Dous meses para o bandeirazo á emoción

Dous meses para o bandeirazo á emoción

As traiñeiras da Liga San Miguel prepáranse  concienzudamente para o  inicio dunha nova edición da batalla pola Coroa CaixaBank
 

Restan apenas dous meses para o comezo da loita pola Coroa CaixaBank! As 12 mellores traiñeiras do momento levan varios meses de intensos adestramentos para chegar nas mellores condicións ao inicio da Liga San Miguel. Unha vez máis, o comezo da competición terá un atractivo especial. Sevilla traerá un acento especial o vindeiro 19 de xuño, onde se porá en marcha unha nova edición da Liga San Miguel coa IV Bandeira Euskadi Basque Country e que voltará cargada de emoción.

Unha tempada que terá un total de 19 xornadas de máxima emoción e que levará ás 12 embarcacións a navegar, ademais de por Sevilla na súa xornada inaugural, por Galiza, Cantabria e Euskadi, sendo a Bandeira El Corte Inglés do 18 de setembro a que poña o punto final e coroe o gañador da Liga San Miguel. Unha decimocuarta edición que chega cargada de desafíos e aspirantes a se faceren coa Coroa CaixaBank.

Así, en dous meses, a Liga San Miguel acudirá a unha localidade con moito arraigo ao remo e con unha mestura de culturas e cores que sen dúbida algunha está de moda. Un grande escaparate no que os afeccionados poderán gozar un ano máis do mellor remo nunha zona de regateo único.

Tanto remeiros como afeccionados amósanse expectantes de que se dea o bandeirazo de saída e comece a espectacular batalla pola Coroa CaixaBank, neste caso con acento sevillano. 

Voltar