Novas 2021

COMPETICION

15 Ago 2021

Donostia Arraun Lagunak fai historia coa súa primeira Liga Euskotren

Donostia Arraun Lagunak fai historia coa súa primeira Liga Euskotren

Orio Orialki vence na segunda xornada da Zarauzko XIII. Ikurriña, e o segundo puesto das dosnostiarras dalles a vitoria na Liga Euskotren

Donostia Arraun Lagunak suma o seu primeiro título da Liga Euskotren na súa historia despois de empataren a 39 puntos na clasificación xeral con Orio Orialki. Porén, as seis bandeiras das donostiarras frente as cinco das aguiluchas permiten ao club da capital guipuzcoana conquistaren o seu primeiro título de Liga. No referido á segunda xornada da Zarauzko Ikurriña, Orio Orialki repetiu a vitoria da primeira xornada de onte e leva a última bandeira da tempada. Por debaixo, Hondarribia Bertako Igogailuak foi terceira no día de hoxe pero remata a tempada no cuarto lugar con 24 puntos, mentres que Donostiarra Lacturale foi terceira na clasificación final con 18 tantos malia o último posto de hoxe. 

No referido á clasificación da mellor patroa Liga Euskotren, fica así: 
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 24 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 19 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 17 puntos

Voltar