Novas 2014

COMPETICION

18 Xul 2014

Dobre xornada guipuscoana

Dobre xornada guipuscoana

A Liga San Miguel cítase este fin de semana coa II Bandeira La Caixa no sábado e coa XXIV Orioko Estropadak - II Bandiera Orioko Kanpina no domingo

Despois da III Bandeira Eusko Label en Donostia, a Liga San Miguel repetirá, por partida dobre, este fin de semana en territorio guipuscoano coas dúas regatas correspondentes á sexta e sétima xornada na loita pola Coroa la Caixa. Os 12 clubs terán que facer frente o sábado na II Bandeira la Caixa, unha vez finalizada a regata feminina, no interior da baía de Pasaia a un formato de regata inusual, xa que ao contar con un campo de regateo de dimensións máis pequenas, obrigará ás embarcacións a mostrar todo o seu potencial técnico para cubrir seis longos e dar cinco viradas nas ceavogas. Antes, no mesmo escenario, competirán xuntas por primeira vez as catro tripulacións femininas da Liga Euskotren despois da clasificatoria do pasado fin de semana. Hibaika Jamones Ancín, Samertolameu, San Juan Iberdrola a actual líder da clasificación, e a vixente campioa, Zumaia, remarán sobre unha distancia dunha milla e media na que terán que facer frente a dúas viradas, para se facer coa III Bandeira Euskotren na regata que corresponde á terceira xornada da liga.

No que se refire á proba masculina, as 12 tripulacións loitarán por se facer con unha bandeira que, ademais, servirá para calibrar o nivel de cada unha nas viradas. E no que se refire ás quendas, Urdaibai Avia, Pedreña, San Pedro Ecolmare e Astillero remarán na primeira quenda; na segunda estarán Portugalete Eulen, Cabo, San Juan Iberdrola e Zierbena Bahías de Bizkaia; mentres que na quenda de honra vogarán Tirán Pereira, Kaiku Ambilamp e Hondarribia Orsa xunto co actual líder da Liga San Miguel, Orio Babyauto.

Na xornada do domingo, a XXIV Orioko Estropadak - II Bandeira Orioko Kanpina colle o testemuño da competición. Unha regata que voltará comezar despois da xornada da Liga Euskotren, e na que os clubs estarán divididos en tres quendas. Esta división virá marcada pola clasificación xeral xa que deberán completar unha contra o reloxo individual por todo o río. Será ás 12.00 horas cando as catro aspirantes a se coroar como campioas da Liga Euskotren remarán por un percorrido dunha milla e media na que terán que facer unha ceavoga, frente as olladas dos moitos afeccionados que se congregarán nas dúas beiras do río Oria para gozar da máxima competición do remo.

Voltar