Novas 2016

ASOCIACION

17 Dec 2016

Derradeira Asemblea do ano en Pasaia

Derradeira Asemblea do ano en Pasaia

ACT traballa na procura dunha entidade que se faga cos ‘naming rights’ da competición xa que San Miguel deixa libre o nome da Liga

Esta mañá celebrouse a Pasaia a derradeira Asemblea de socios da ACT de 2016. El novo ano que estamos a piques de encetar traerá consigo unha serie de novidades para a ACT. Unha das máis salientábeis será a mudanza no nome da competición masculina. No ano 2006, a empresa Mahou-San Miguel decidiu apostar por unha nova competición de remo de traiñeiras que durante os seus dous primeiros anos estivo apoiada polos Gobernos de Galiza, Cantabria e País Vasco. Na tempada 2006 a empresa cervexeira entra como máximo patrocinador da ACT, outorgando deste xeito á Asociación liquidez total de capital privado e dando un novo nome á súa competición masculina, pasando a se denominar Liga San Miguel, que foi como a coñecemos até o día de hoxe. 

Dende entón o crecemento da competición foi exponencial e ano a ano foi escalando novas cotas. Tras 11 tempadas dando nome á máxima competición masculina, Mahou - San Miguel comunicou á ACT que este ano 2016 sería o derradeiro no que tería os ‘naming rights’ da Liga. Mais iso non quere dicir que Mahou - San Miguel non vaia seguir ligada á ACT. Durante as tres vindeiras tempadas manterase como patrocinador da competición, o que o fará sumar 14 tempadas como patrocinador principal do mundo das traiñeiras.

É por isto que desde o mes de xaneiro a competición voltará denominarse como nas súas orixes, Liga ACT, tras a decisión adoptada polos socios esta mañá en Pasaia. Unha denominación que se manterá así até que o ACT logre atopar unha entidade que se faga cos ‘naming rights’ da competición, algo no que se está a traballar nos últimos meses.

No primeiro punto da orde do día, procedeuse á ratificación da acta da última asemblea e a seguir a Xunta Directiva presentou aos socios os aspectos ligados coa xestión asociativa, así como o económico, do cuatro trimestre. Despois dos rogos e preguntas, deuse por concluída a Asemblea e os clubs despediron o ano coa tradicional comida de Nadal.

Voltar