Novas 2015

ASOCIACION

28 Nov 2015

Derradeira Asemblea do ano en Pasaia

Derradeira Asemblea do ano en Pasaia

A ACT reuniuse este sábado en San Juan onde se trataron diferentes puntos

Esta mañá celebrouse no Concello de Pasaia a derradeira Asemblea de socios da ACT de 2015. No primeiro punto da orde do día, procedeuse á ratificación da acta da última asemblea e a seguir a Xunta Directiva presentou aos socios os aspectos ligados coa xestión asociativa, así como o económico, do cuatro trimestre. 

Por outra banda, aprobouse a modificación de algúns puntos dos Estatutos. Neste caso, salientar que se modificaron algúns dos aspectos da composición da xunta directiva da Asociación. De agora en diante a elección da Xunta Directa pasa a ser cada dous anos e non anual como até o de agora. Ademais, 

Ademais, Patxi Hidalgo, que foi membro do Comité Técnico desde a creación da Asociación, deixa o seu cargo por motivos profesionais. Para substituir a Hidalgo, a Asemblea aprobou a incorporación no Comité Técnico de Ainhoa Iñiguez, quen estivo a colaborar coa selección neozelandesa de remo en materia de biomecánica e traballou, en canto estudaba, nas universidades de Cambridge e Oxford. 

 

Despois dos rogos e preguntas, deuse por concluída a Asemblea e os clubs despediron o ano coa tradicional comida de Nadal.

Voltar