Novas 2015

ESPECIAL

27 Xan 2015

Deica logo Pedreña!

Deica logo Pedreña!

O club cántabro, un dos socios fundadores da ACT, despediuse o pasado sábado da Asociación despois de ter estado nela de forma ininterrumpida dende a súa creación.

Fica lonxe no tempo aquela Asemblea celebrada no Hotel Hesperia Zubialde da capital biscaína, na que o 2 de xullo de 2003 se constituiu a Asociación de Clubs de Traíñas. Até alí achegáronse 12 clubs que pasaron a formar parte da historia, convertindose nos socios fundadores da ACT. Dende entón houbo centos de regatas e moitos deses clubs sufriron altos e baixos e uns poucos, porén, tiveron a sorte de mantérense na máxima categoría. E precisamente até este sábado eran tres os que compoñían este grupo de socios históricos que sempre se mantiveran na elite, con Hondarriabia Orsa, Urdaibai Avia e Pedreña.

O conxunto pedreñeiro despediuse o sábado de forma oficial da Asociación que crearon xunto con outros 11 socios, despois de ocuparen na pasada tempada a derradeira posición da Liga San Miguel. Malia marcharen sen teren logrado a Coroa “la Caixa”, os da ‘Marina de Cudeyo’ brindaron grandes xornadas á súa afección como aquela tarde do 29 de xullo de 2006 en Getxo, na que Borja Gómez sacudiu a primeira bandeira da Liga San Miguel para os pedreñeiros. A partir de aí chegaron dúas bandeiras máis e outras tantas regatas nas queficaron ás portas do grande éxito.

Agora é o momento de despedir a Pedreña da ACT, pero tal e como se salientou o pasado sábado na homenaxe que lle brindou a Asemblea ao club cántabro, isto non é un adeus senón un deica logo. Deica logo Pedreña!

Voltar