Novas 2015

ESPECIAL

19 Mar 2015

David González marca o ritmo na #PlaylistDeMarzo

David González marca o ritmo na #PlaylistDeMarzo

O remeiro de Samertolameu Rodman Group trae unha listaxe onde conviven o rock e o indi estatal

Coa pretempada xa avanzada, David González, remeiro de Samertolameu Rodman Group, trae a #PlaylistDeMarzo para amenizar a espera a que de comezo a nova tempada da Liga San Miguel. Este remeiro galego colle o testemuño de Andoni Buxan na #PlaylistDeFebreiro e traenos unha listaxe onde predomina o estilo indi con artistas como Ivan Ferreiro, os cataláns de Love of Lesbians ou Vetusta Morla. Pero non só de indi vive esta listaxe e David González integra na súa proposta cancións míticas do mundo do rock, con grupos tan coñecidos como AC/DC, Aerosmith ou Guns N Ìï¿ï¿½ Roses. Tamén podemos atopar algunha mostra do rock estatal da man do grupo cántabro La Fuga.
 
Pechando esta listaxe, non podían faltar as artista con un corte máis comercial que propoñen cancións doadas de escoitar que sonan unha e outra vez nas radios como o
británico Ed Sheeran ou o cantautor hawaiano Bruno Mars. Con todo isto complétase unha listaxe moi atractiva e para un amplo público.

 

 

#PlaylistDeMarzo:

1. Back in Black – AC/DC

2. Highway to Hell - AC/DC

3. Thunderstruck – AC/DC

4. Sweet Child O'Mine – Guns N´ Roses

5. November Rain – Guns N´ Roses

6. Crazy - Aerosmith

7. I Don't Want to Miss a Thing - Aerosmith

8. Anticiclon - Ivan Ferreiro / Leiva

9. Turnedo/ Ivan Ferreiro / Xoel Lopez

10. Diciembre – Vetusta Morla / Depedro

11. Saharabbey Road - Vetusta Morla

12. Toros en la Wii – Love of Lesbians

13. Club de Fans de John Boy - Love of Lesbians

14. Manifiesto Delirista - Love of Lesbians

15. Incendios de Nieve - Love of Lesbians

16. Pizzigatos - Love of Lesbians

17. Treasure – Bruno Mars

18. Valerie - Bruno Mars

19. Thinking out Loud - Ed Sheeran

20. Baja por Diversión - La Fuga

Voltar