Novas 2014

ESPECIAL

12 Nov 2014

Consegue o maillote "la Caixa"!

Consegue o maillote "la Caixa"!

Participa no sorteo que realizaremos na nosa páxina de Facebook e consegue o maillote asinado por Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia

Todos os patróns da Liga San Miguel loitan por se facer con el. Mais apenas un deles ten a honra de levalo e se acreditar, deste xeito, co título de mellor patrón. Referímonos ao maillote “la Caixa”, galardón que este ano conseguiu Vicente Carpintero tras vencer a Gorka Aranberri e Asier Zurinaga.

Gustaríache conseguir este maillote “la Caixa” asinado polo propio Vicente Carpintero? Se é así e queres sentirte como o patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, só terás que ir á nosa páxina de Facebook, seguirnos e compartir a imaxe que acompaña este texto. Entre todos os que fagan isto antes do vindeiro 30 de novembro ás 23.59 horas, realizarase un sorteo e o resultado deste será publicado o 1 de decembro ás 12.00 horas. 

Voltar