Novas

ESPECIAL

19 Ago 2021

Concurso BM: Zarautz Gesalaga-Okelan

Concurso BM: Zarautz Gesalaga-Okelan

Joanes Elizondo e Aitor Elizondo representan á Enbata no concurso BM

Os remeiros de Zarautz Gesalaga-Okelan queren seguir na boa dinámica das dúas regatas de Zarautz, onde conseguiron gañar a súa quenda en ambas xornadas. Esa boa dinámica quérena transmitir ao Concurso BM no que participan todos os equipos tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren.

A esta décimo primeira xornada os remeiros de GO fit Hondarribia e as remeiras de Hondarribia Bertako Igogailuak chegan no liderado con cadanseus tres acertos. O obxectivo de Joanes e Aitor será superaren os tres acertos, e levaren o premio final de Supermercados BM.  

Mentres Joanes procura debuxar as palabras que hai nos cartóns, con produtos que podemos atopar nos Supermercados BM e algúns intrusos, Aitor trata de atinar cos deseños do seu compañeiro. Polo de agora, o récord está en tres acertos nun minuto, mellorarano os remeiros da Enbata?

Mete “play”, e goza co CONCURSO BM!

Voltar