Novas 2021

ESPECIAL

27 Xul 2021

Concurso BM: Donostiarra Lacturale

Concurso BM: Donostiarra Lacturale

Iraide Martín e Maialen Alkorta celebran a primeira bandeira da tempada pasando polo concurso

As remeiras de Donostiarra Lacturale da Liga Euskotren participan no concurso BM tras conseguiren a primeira vitoria da tempada. No concurso, participan todos os equipos tanto da Liga Eusko Label como da Liga Euskotren competindo todos contra todos. 
 
No equipo que este domingo conseguiu a súa primeira bandeira da tempada da Liga Euskotren, Donostiarra Lacturale, mudan os remos pola pintura. Neste oitavo capítulo do Concurso BM, Maialen Alkorta é quen trata de debuxar, mentres Iraide Martín procura adiviñar os debuxos da súa compañeira. 
 
As remeiras queren seguir coa súa boa dinámica para poderen ascender á primeira posición do concurso e levar o premio final de Supermercados BM. Por agora, o liderado é cousa dos dous equipos de Hondarribia, que empatan con candanseus tres acertos.
 
Mete “play”, e goza do CONCURSO BM!
 

Voltar