Novas 2021

COMPETICION

12 Xul 2021

Como se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa da Liga Euskotren?

Como se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa da Liga Euskotren? Como se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa da Liga Euskotren?

Repasamos como é que se calculan os 6 puntos en xogo en cada unha das clasificacións dos mellores patróns e patroas da competición 


 

Se a clasificación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren está que ferve… O maillote de Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa tamén vive a súa emocionante pelexa. 

Mais, como é que se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa? O Comité Técnico é o encargado de puntuar os patróns e patroas en cada regata. Para elaborar a clasificación, o Comité basease na información o GPS que leva cada embarcación, mediante a mestura de tres factores. Quere dicir, unha información totalmente obxectiva que sae da seguinte ecuación: 

1)    Metros realizados pola traiñeira. 

2)    Tempo necesitado pola embarcación para coller cada unha das 3 ceavogas (ou 1 no caso da competición feminina). Esta información apáñase de 50 metros antes até 50 metros despois da baliza.

3)    Factor relativo resultante do traballo realizado apenas polo patrón ou a patroa, comparando tempo/ velocidade do percorrido e tempo/ velocidade de dar as ceavogas. 

O patrón ou a patroa que teña o mellor resultado, terá os 3 puntos, dous puntos o segundo/a e un a terceiro/a.  

Voltar