Novas 2017

ESPECIAL

28 Ago 2017

Chega o 'Último Longo' de Moaña e Boiro

Chega o 'Último Longo' de Moaña e Boiro

Co remate da fin de semana chega o momento de analizarmos o acontecido nas últimas dúas regatas

Outro luns, volta da man de CaixaBank o mellor resumo do acontecido esta fin de semana na Eusko Label Liga. Tras reducir a diferenza até os catro puntos na dobre xornada de Zarautz, Hondarribia chegaba a Galiza co deber de seguir rabuñando puntos para chegaren con serias opcións de acadar a Coroa CaixaBank nas dúas últimas regatas.

Moaña foi testemuña de outra das grandes loitas da tempada, na que durante toda a regata Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia competiron pola vitoria na XXXV Bandeira Concello de Moaña – VII GP Fandicosta. A vitoria foi parar do lado bidasoarra por unha diferenza de 22 centésimas, deixando os ‘aguiluchos’ en segunda posición e os de Bermeo en terceiro lugar.

Urdaibai Avia detivo o domingo a sangría de puntos que estaba a perder na xeral e deu un golpe na mesa lembrando que son os vixentes campións e actuais líderes da Eusko Label Liga. Despois dun traballo de moito nivel, os de Joseba Fernandez levaron para a casa a XXVII Bandeira Concello de Boiro e recuperaron un punto que pode ser de ouro para as dúas últimas batallas da temporada.

Deste xeito, Urdaibai Avia continúa líder da xeral na loita pola Coroa CaixaBank con 178, 3 máis que Hondarribia. Ioseba Amunarriz pola súa banda, mantén a primeira posición da clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón con 15 puntos, seguido de perto por Iñigo Larrinaga, patrón de Ondarroa Cikautxo, con 11.

Voltar