Novas 2017

ESPECIAL

18 Set 2017

Chega o 'Último Longo' de Bermeo e Portugalete

Chega o 'Último Longo' de Bermeo e Portugalete

Analizamos o acontecido na derradeira fin de semana de competición desta Eusko Label Liga

Coa desputa das últimas dúas xornadas da tempada, chega o momento de despedir esta sección do ‘Último Longo’ co resumo das dúas xornadas desputadas en Bermeo e Portugalete.

O sábado Bermeo recibiu a Eusko Label Liga co equipo local en primeira posición da clasificación xeral. Tras a vitoria de Hondarribia na Bermeo Hiriko XXXV. Bandera, a loita pola Coroa CaixaBank axustouse aínda máis á espera da desputa da última xornada.

No domingo, a XLIII Bandeira El Corte Inglés serviu para que se decidise dunha vez por todas quen sería o campión da Eusko Label 2017. Urdaibai Avia, vitoria incluída, levou a Coroa CaixaBank para a casa a Bermeo.

Con respecto ao playoff de ascenso á Eusko Label Liga, tanto o sábado como o domingo repetiuse o mesmo resultado. Santurtzi Iberdrola, como campión do playoff 2017, e Donostiarra, como segundo clasificado, serán o ano que vén equipos da máxima categoría do remo.

Voltar