Novas 2010

COMPETICION

26 Ago 2010

CASTRO, DERRADEIRA CITA REMEIRA DA LIGA SAN MIGUEL ANTES DO PARO DE TRES SEMANAS

CASTRO, DERRADEIRA CITA REMEIRA DA LIGA SAN MIGUEL ANTES DO PARO DE TRES SEMANAS

A Liga San Miguel esgota a súa penúltima fin de semana coa disputa da 16. regata puntuábel. A cidade mariñeira de Castro acolle o pelotón remeiro, xusto antes de que a caravana faga a parada de tres semanas. Este mediodía presentouse no Salón de Plenos do Concello de Castro Urdiales a XII. BANDEIRA FLAVIOBRIGA. Alí estiveron presentes o presidente do Club de Remo Castro, Don Agustín Anglada, o Concelleiro de Deportes, Don Agapito Pastor, e o presidente de ACT, Don Piter Bravo.

A regata repartirá 22.500 euros en premios, está organizada pola Sociedade Deportiva de Remo de Castro Urdiales, e está patrocinada polo Concello da cidade cántabra e a empresa Iberia Ashland Chemical. A competición dará comezo ás 12 do mediodía do próximo domingo, e as embarcacións deberán cubrir a distancia de 5.556 metros, con catro longos e tres ceavogas. A orde das quendas estabelecerase en base á Clasificación Xeral da Liga San Miguel no día da regata.

A Corona Caja Madrid está no ar. Orio Amenabar e Urdaibai Umpro Avia pugnan polo prezado trofeo. A traíña local loita por se achegar a elas, e arelan poder levar a primeira bandeira da tempada. Punto e final tamén á loita pola 8ª praza. San Pedro Ecolmare parte con vantaxe, pero ten ao axexo a Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp.

Voltar