Novas 2016

ESPECIAL

25 Xan 2016

Breixo imprime ritmo á #PlaylistDeXaneiro

Breixo imprime ritmo á #PlaylistDeXaneiro

O remeiro de Tirán Pereira fai unha selección na que combina grandes clásicos coa música actual

Arrancamos un novo ano e unha vez máis voltamos facelo ao ritmo da mellor música. Desta vez o encargado de lle dar forma á #PlaylistDeXaneiro é Breixo Docampo, remeiro de Tirán Pereira. O de Moaña trae unha selección con uns xiros moi radicais. E é que pasa de clásicos como o Baba O’Riley de The Who ou Starman de David Bowie ao ‘Bailan Rochas y Chetas’ de Nene Malo. Ademais, tamén se para en outros temas máis actuais como o ‘Come On!’ dos suecos de The Hives ou o ‘Can´t Hold Us’ de Macklemore & Ryan Lewis que tanto e tanto soou nos últimos meses. 

E por suposto, tamén hai espazo para uns clásicos xa nas nosas listaxes, como son Heredeiros Da Crus, co seu xa coñecido ‘Quero Josar’ ou ‘Iscalle Lura’.

Voltar