Novas 2017

ASOCIACION

16 Mar 2017

Bermeo recibe a ACT

Bermeo recibe a ACT

Os socios sentan este sábado a partir das 10.00 horas coa vista posta xa na vindeira batalla pola Coroa CaixaBank

Este sábado os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras, baixo a dirección do novo presidente, Borja Rodrigo, voltan marcar un encontro a partir das 10.00 horas no Museo do Pescador de Bermeo onde porán sobre a mesa diferentes temas, coa vista xa posta no verán. Precisamente o punto máis salientábel será a aprobación do calendario que voltará a poñer en xogo a Coroa CaixaBank, sendo Urdaibai Avia o posuidor desta tras unha vibrante campaña. Neste encontro tamén se aprobarán as oito batallas que comporán a Liga Euskotren.

Ademais, entre outros puntos, tamén se someterá a aprobación o orzamento para este novo exercicio, a modificación do artigo 25 da Normativa de Competición da ACT referente ao club convindo por afinidade ou a ratificación dos órgaos de competición.

Voltar