Novas 2015

COMPETICION

15 Set 2015

Bermeo, penúltima parada

Bermeo, penúltima parada

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XXXIII. Bermeo Hiriko Bandera no Museo do Pescador de Bermeo

Bermeo acollerá este sábado a Bermeo Hiriki XXXIII. Bandera, correspondente á décimo oitava xornada da Liga San Miguel, que se desputará o sábado ás 18:00 horas en augas de Bermeo. A localidade biscaína recibirá a Liga San Miguel para celebrar unha xornada de regatas chea de espectáculo. Esta regata desputarase nunha distancia de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, coas balizas interiores situadas frente o espigón de Bermeo.

A composición de quendas para esta regata farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda estarán San Pedro Ecolmare, Tirán Pereira, Cabo e San Juan Iberdrola. Na quenda de honra, porén, competirán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia. Antes de se pór en xogo esta regata da Liga San Miguel desputarase o primeiro asalto do playoff da Liga San Miguel onde Getaria Indaux, Zumaia, CM Mugardos e Portugalete Eulen buscarán nunha contra o reloxo os dous billetes que darán dereito a remar na Liga San Miguel 2016.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XXXIII. Bermeo Hiriko Bandera no Museo do Pescador de Bermeo e nela estiveron presentes el presidente de Urdaibai Avia Agustín Aramburu y la alcaldesa de Bermeo Idurre Bideguren.

Voltar