Novas 2016

ESPECIAL

08 Nov 2016

Beñat Egiazu imprime ritmo á #PlaylistDeNovembro

Beñat Egiazu imprime ritmo á #PlaylistDeNovembro

Beñat Egiazu, remeiro de NT2 Hondarribia, é o autor de confeccionar a playlist do penúltimo mes do ano

O ano está a piques de chegar ao seu remate, pero non por iso hai que perder o ritmo da mellor música do mundo do remo. Se durante todos os meses do ano no te perdestes ningunha playlist, non podes perder este último. O mozo remeiro hondarribitarra, Beñat Egiazu, encárgase de lle imprimir enerxía á #PlaylistDeNovembro dándolle un ton rockeiro clásico.

Así, o grupo navarro Marea é un dos máis salientados na listaxe de reproducción do de Hondarribia, clásicos como "Que se joda el viento", "La rueca" ou "El perro verde" teñen espazo nesta playlist. Porén, o trío de Berri Txarrak tamén fai un papel importante no esquema rockeiro de Beñat con cancións como "Denak ez du balio", "Iparra galdu: Hegora joan", "Bisai berriak", "Jaio.Musika.Hil" ou "Poligrafo bakarra".

Ademais do rock, o remeiro de NT2 Hondarribia, deixa un oco para as clásicas voces de Ruper Ordorika con "Zaindu maite duzun hori" e Mikel Urdangarin con "Badira hiru aste", dando un toque sentimental á recompilación musical.

Pecha a listaxe mudando totalmente de xénero, coas cancións "Sweet disposition" de The temper trap e "Little Pain" de Fuel Fandango imprimindo variedade á #PlaylistDeNovembro.

Anímate e mete play a esta listaxe de reprodución!

Voltar