Novas

ASOCIACION

07 Xul 2021

Audiencia histórica no comezo das Ligas Eusko Label e Euskotren

Audiencia histórica no comezo das Ligas Eusko Label e Euskotren Audiencia histórica no comezo das Ligas Eusko Label e Euskotren

As audiencias das primeiras regatas da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren tiveron un grande alcance.


Este pasado fin de semana encetaron a Liga Eusko Label e máis a Liga Euskotren na Coruña. A expectación xerada entre as afeccións na previa das dúas competicións, no foi pouca, e os datos de audiencia que se obtiveron ao longo da fin de semana, foron excelentes. 
 
A segunda xornada da Bandeira Cidade da Coruña foi líder na súa franxa horaria. O share que obtivo a segunda regata da Liga Euskotren acadou o 12,0%, mentres que a loita pola Coroa CaixaBank acadou o 16,0%. As cotas entre o público euskaldun tamén acadou cifras históricas, e chegando ao 13,6% na competición feminina, mentres que o da Liga Eusko Label chegou ao 17,7%. Á marxe das audiencias da televisión, as regatas iniciais das competicións tamén se puideron seguir a través de diferentes plataformas do grupo EiTB, como Euskadi Irratia, Radio Euskadi e eitb.eus, con bos datos de audiencia. 
 
No referente ás webs da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren, os datos deste fin de semana foron tamén espectaculares. Ao longo da fin de semana, as webs recibiron arredor de 250.000 visitas, mentres que as páxinas visitadas foron 331.663. Ademais, a recente APP posta en marcha tamén tivo un grande alcance, tanto no formato de Android como no de iOS. Se aínda non a descargastes, podedes descargar a APP ACTRemo. 
 
Sen dúbida, os datos obtidos no primeiro fin de semana reforzan o interese do remo entre os afeccionados e as afeccionadas.

Voltar