Novas 2010

COMPETICION

16 Set 2010

AS TRAÍÑAS DA LIGA SAN MIGUEL REMATAN EN PORTUGALETE A TEMPADA 2010

AS TRAÍÑAS DA LIGA SAN MIGUEL REMATAN EN PORTUGALETE A TEMPADA 2010

Urdaibai Umpro Avia ou Orio Amenabar sucederán a Naturhouse Castro para erguer a Corona Caja Madrid; o Play-Off de ascenso decidirá que dúas traiñeiras remarán na elite a tempada que vén

Este xoves presentouse en El Corte Inglés de Bilbao a XXXVI. BANDEIRA EL CORTE INGLES. A presentación foi ás 12h00, e estiveron presentes o Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés, Don José Carlos Ramos, o Alcalde de Portugalete, Don Mikel Torres, o concelleiro do Deportes de Portugalete, Don Angel Anero, o Presidente do Club de Portugalete, Don Alfredo López, e o Presidente da ACT, Don Piter Bravo.
A regata de Portugalete servirá para coroar o Campión da Liga San Miguel e da Corona Caja Madrid 2010, e tamén para coñecer os dous clubs que na tempada que vén estarán ou continuarán na Liga San Miguel 2010. A Corona Caja Madrid irá para Bermeo ou para Orio, é dicir, para Urdaibai Umpro Avia ou para Orio Amenabar. Algunha desas dúas embarcacións sucederá no trono a Naturhouse Castro. A Bandeira El Corte Inglés sempre foi xuíz decisivo na Liga de remo, e este ano aínda máis. No caso de a vencedora ser Urdaibai, sería a súa 4ª Corona Caja Madrid en 7 tempadas, 3ª nas últimas cuatro. No caso de a gañadora ser Orio, sería a súa primeira coroa dende que a ACT botou a andar (2003).
A competición dará comezo ao mediodía coa disputa da 2ª Xornada do Play Off de Ascenso. Cuatro embarcacións vogarán por dous postos, na modalidade contra o reloxo. Media hora despois será a quenda das 8 mellores da Liga San Miguel. Estas dúas quendas celebraranse en liña, con catro longos e tres ceavogas.
Cómpre sinalar que o domingo o campión da presente Liga San Miguel fará entrega da CORONA CAJA MADRID. Este trofeo entregarase dende o barco oficial da competición.
Gañadores da Corona Caja Madrid:

2003 Astillero
2004 Urdaibai Umpro Avia
2005 Astillero
2006 Hondarribia Pasquier
2007 Urdaibai Umpro Avia
2008 Urdaibai Umpro Avia
2009 Naturhouse Castro
2010 ?

Voltar