Novas 2011

COMPETICION

15 Set 2011

AS TRAÍÑAS DA LIGA SAN MIGUEL REMATAN A TEMPADA 2011 COA PRESTIXIOSA BANDEIRA EL CORTE INGLES

AS TRAÍÑAS DA LIGA SAN MIGUEL REMATAN A TEMPADA 2011 COA PRESTIXIOSA BANDEIRA EL CORTE INGLES

Kaiku Ambilamp acariña por primeira vez na súa historia a Coroa Mapfre; o Play-Off de ascenso decidirá que dúas traíñas remarán na elite a vindeira tempada

Bilbao, 15 de setembro. - Este xoves presentáronse no El Corte Inglés de Bilbao a XXXVII. BANDEIRA EL CORTE INGLES. A presentación tivo lugar ás 12h00 e nela estiveron presentes o Xefe de Relacions Externas de El Corte Inglés, Don José Carlos Ramos, o Alcalde de Portugalete, Don Mikel Torres, o Concejal de Deportes de Portugalete, Don Ángel ANero e o Presidente da ACT, Don Piter Bravo.

A regata de Portugalete servirá para coroar ao Campión da Liga San Miguel e a Coroa Mapfre 2011, e tamén para coñecer os dous clubs que na tempada que vén estarán ou continuarán na Liga San Miguel 2011. A Bandeira El Corte Inglés sempre foi especial, este ano fai a súa 37ª edición e, por vez primeira dende que a ACT botou a andar (2003), a sestaotarra Kaiku Ambilamp podería conseguir a Coroa Mapfre.

A competición comezará ao mediodía coa disputa da 2ª Xornada do Play Off de Ascenso. Cinco embarcacións vogarán por dous postos, na modalidade de contra o reloxo. Media hora máis tarde será a quenda das 8 mellores da Liga San Miguel. Estas dúas quendas celebraranse en liña, con catro longos e tres ceavogas.

Cómpre sinalar que domingo ao campión da presente Liga San Miguel se lle fará entrega da COROA MAPFRE. Este trofeo entregarase dende a embarcación oficial da competición.

Gañadores da Coroa Mapfre:

2003 Astillero
2004 Urdaibai Umpro Avia
2005 Astillero
2006 Hondarribia Pasquier
2007 Urdaibai Umpro Avia
2008 Urdaibai Umpro Avia
2009 Naturhouse Castro
2010 Urdaibai Umpro Avía
2011

Voltar