Novas 2013
ASOCIACION
23 Mar 2013
APROBADO O CALENDARIO DA NOVA TEMPADA DE TRAÍÑAS
O sábado 23 de marzo celebrouse en Portugalete a 3ª Asemblea Xeral Ordinaria da ACT na presente campaña 2013 coa participación de os clubs pertencentes á Asociación.
Na Asemblea salientaron os seguintes puntos:
· Aprobación das actas das asembleas anteriores.
· Aprobación do orzamento 2013 que ascenderá a 800.000€, premios incluídos. En canto a ingresos a Asociación contempla acadar os 800.000€ tendo en conta a aportación dos seus patrocinadores Cervezas San Miguel, La Caixa e dos patrocinadores de regata: Sanxenxo, Euskolabel, Concello de Zarautz, Concello de Getxo e El Corte Inglés.
· Aprobación do calendario da Liga San Miguel 2013 Coroa La Caixa e Liga Euskotren.
SÁBADO DOMINGO
XUÑO
29 LA CAIXA - CANTABRIA 30 KAIKU
XULLO
6 SANXENXO 7 MOAÑA
13 PEDREÑA * 14 EUSKO LABEL – DONOSTIA*
20 SAN JUAN 21 ORIO*
27 GETXO * 28 ZUMAIA*
AGOSTO
10 HONDARRIBIA 11 SAN PEDRO *
17 ZARAUTZ* 18 ZARAUTZ*
24 PORTUGALETE 25 CASTRO
SETEMBRO
14 BERMEO 15 EL CORTE INGLÉS - PORTUGALETE
* Liga Feminina
· 15 de abril: Límite do prazo para confirmar a celebración da regata de Barcelona, pendente de patrocinio.
Para rematar a Asociación aprobou o formato de competición da Liga Euskotren 2013. Participarán as 3 mellores traíñas da cornixa cántabro-atlántica xunto con Zumaia Salegi Jatetxea, campioa da pasada edición. Para determinar as 3 tripulacións que acompañarán a tripulación Zumaia disputarase unha eliminatoria con todas as traíñas interesadas a dúas regatas nas dúas primeiras xornadas da Liga Euskotren.