Novas 2021

ASOCIACION

12 Xul 2021

A Web e a APP da ACT voltan estar dispoñíbeis

A Web e a APP da ACT voltan estar dispoñíbeis

A mudanza do actual servidor da Asociación realizarase durante esta semana para voltar á normalidade
 

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren encetaron a tempada o pasado 3 de xullo en augas da Coruña. Nestas dúas primeiras fins de semana, tanto a Web como a APP da Asociación creada nesta tempada, sufriron varias caídas en plena competición.
 
O interese suscitado entre os afeccionados e afeccionadas neste inicio de campaña con respecto a anos anteriores triplicou as visitas tanto na Web como na APP. Na primeira fin de semana de competición foron máis de 250.000 visitas diferentes á páxina Web superando o millón de páxinas visitadas. Estes dados dobran a media habitual de tempadas anteriores, polo que nos foi imposíbel prevermos unha situación así, tanto para a Asociación como para o proveedor. As entradas foron a máis na segunda fin de semana e, malia as mudanzas realizadas durante a semana para solventar o problema, as caídas seguiron producíndose.
 
No referido aos problemas da APP, esta nútrese da información que lle transmite a páxina Web e, por isto, ficou sen contido cada vez que a súa fonte deixou de dar servizo.
 
Mudanza de servidor
Ante esta situación, antes de nada, da ACT queremos pedir desculpas polos danos ocasionados a todo o mundo do remo, en especial a deportistas, clubs, afeccionados, patrocinadores e medios de comunicación. Por todo isto, decidimos realizar unha mudanza de servidor co obxectivo de darmos resposta a todos os usuarios durante as regatas. A mudanza realizarase ao longo desta semana, polo que os afeccionados da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren poderán seguir e gozar das regatas tanto de Orio como de Getxo a través da aplicación e da Web.

Voltar