Novas 2021

ASOCIACION

25 Mai 2021

A nova pel do líder 2021

A nova pel do líder 2021 A nova pel do líder 2021

Negua, Official Partner da ACT, deseña e confecciona os maillotes e platanitos dos líderes da Liga Eusko Label, Liga Euskotren, Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa. 

Volta a competición e canda ela, o momento máis agardado por todos os remeiros e remeiras: coñecer a ansiada prenda que reinará no máis alto das clasificacións da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021. 
 
O conforto das prendas que confeccionou Negua é debido ao material e patróns utilizados. É un tecido suave, pero extremadamente resistente e flexíbel, que en combinación co innovador patrón, fai que se axuste perfectamente ao corpo e manteña as propiedades estabeis no tempo. Ademais, ten protección ultravioleta frente os raios do sol.
 
Priorizouse ante todo, a comodidade do remeiro e remeira, con costuras con funcións específicas e adaptadas ao movemento do remo profesional.
 
O deseño da prenda está inspirado nas pas de remo. Para lles dar maior percorrido, simuláronse as ondas cando rompen e se van fundindo no mar. Por iso hai unha progresión das cores sobre as prendas de menos a máis.
 
Maillote da líder da Liga Euskotren 
CaixaBank, patrocinador principal da Liga Euskotren, dá imaxe ao maillote e platanito da traiñeira líder da competición. O platanito, como ocorre na proba masculina, vísteo a patroa da traiñeira líder da clasificación. 
 
Maillote Mellor Patroa da Liga Euskotren 
O maillote e platanito laranxa é a cor identificativa da líder da clasificación á Mellor Patroa da Liga Euskotren. Como na proba masculina, é un premio individual resultado dunha puntuación por xornada. 
 

Voltar