Novas 2012

COMPETICION

15 Xu˜ 2012

A NOS VENNOS BEN IR DE TAPADO, QUE NON NOS TEÑAN EN CONTA

A NOS VENNOS BEN IR DE TAPADO, QUE NON NOS TEÑAN EN CONTA

Calixto Presmanes, presidente da S. D. R. Pedreña

Calixto Presmanes leva máis de media vida amarrado ao remo, e nun só club, o club dos seus amores: SDR Pedreña. Fainos un balanzo dos seus 27 anos, de como ve a embarcación de cara á liga que comeza en dúas semanas, ademais de facer unha breve análise dos favoritos para gañar a Liga San Miguel.

 

-Non sei se levas a conta de cantos anos levas no club.

-Buf, moitos, creo que 27. Coido que foi no 1985 cando subín ao bote de Pedreña.

-Ou sexa que tamén foches remeiro.

-Si, antes que calquera outra cousa. Despois comecei a axudar nisto e naquilo, depois empecei de delegado, agora de presidente…

-No sintes cansanzo? 27 anos son moitos anos!

-Estou enganchado ao remo, e na medida na que che gusta, é difícil aburrirse. Din que sarna con gusto non pica, e aquí sigo.

-Sempre en Pedreña.

-Si, son de Pedreña e no club estou coma na casa.

-Probabelmente sexas a persoa que máis tempo leva nun mesmo club no remo. Pensáralo?

-Algunha vez téñenme comentado esta cuestión e penso que Goiko, en Zumaia, leva máis anos ca min (Luis Mari Goikoetxea, presidente de Zumaia AE). Preguntareillo na primeira regata.

-É difícil lembrar todo o sucedido en 27 anos, pero como foi, en xeral, o teu periplo no club?

-Ben, houbo de todo. Momentos bos, outros non tan bos, días para lembrar e outros para esquecer… Por sorte traballamos en grupo, e cando precisas a axuda dos compañeiros atópala. Cando comecei non tiña moita idea. Tiña ilusión e gañas de traballar a eito, pero vaste afacendo e tirando para adiante.

-Desempeñaches moitas funcións. Podemos dicir que es un home do club, que estás para o que faga falta?

-Pódese dicir que si. Se fai falta un delegado, pois alá vou, que é o presidente, pois tamén. Que cómpre levar os chavales á regata, pois encárgome eu. Os que pasamos polo club todos os días coñécemonos moito, e temos confianza entre nós. Creo que é fundamental para traballar.

-Tes sona de ser unha persoa nobre, honesta. Que che parece que a xente pense iso de ti?

-Bon, non me corresponde dicir a mí se son nobre ou non, pero é de agradecer que a xente pense iso de un.

-Como traballades en Pedreña?

-Somos un grupiño de persoas reducido os que levamos todo, e as decisións son consensuadas. Falamos de todos os temas, fichaxes, tema económico… Fálanse e tómanse as decisións que se consideran oportunas.

-O pasado sábado outorgáronche o remo ao mérito deportivo do 2011 na Gala de presentación. Como viviches ese momento, agardábalo?

-Pois non, colleume por sorpresa, e fíxome moita ilusión. Creo que é un recoñecemento ao labor que realizamos, e dache forza para continuar a traballar. Estaba sentado, e lembro que estiven comentando cos do Comité de Competición, para saber se este ano había o premio ao mérito deportivo, e de repente din o meu nome para subir ao estrado. Foi unha grata sorpresa.

-Pasando ao plano deportivo, como se presenta a tempada para Pedreña?

-Bon, hai que agardar a ver como saen as primeiras regatas, pero o noso primeiro obxectivo é estar na quenda de honra con outras tres traíñas. Analizando o plantel, diríache que quizais é un pouco curta, pero ben compensada e capaz de conseguir bos resultados.

-Que é para Calixto Presmanes conseguir bos resultados?

-Que dúbida cabe que entrar na loita por gañar algunha bandeira, e andarmos ao par das mellores tripulacións da Liga San Miguel.

-En vésperas da Liga San Miguel, que embarcacións vés favoritas para levaren a Coroa Mapfre?

-Diría que Kaiku e Urdaibai, e coidadiño con Hondarribia e Tirán. O ano pasado fixeron unha grande tempada, e creo que este ano poden mellorar aínda máis.

-Sodes tres cántabras na Liga San Miguel. Para vós é importante ser a mellor embarcación da rexión, non é?

-É, é importante. Como se adoita dicir, o peor inimigo é o veciño, e para Pedreña é importante tomar a dianteira a Astillero e Castro.

-Non aparecedes en case ningunha quiniela para gañar a Liga San Miguel. Que reflexión fas?

-Que non nos ven mal ir de tapado e que non nos teñan en conta.

-Última cuestión sobre os recén ascendidos. Como os vés? Van sofrer ou van pasar o exame?

-Creo que Portugalete non vai sofrer moito, e vai manterse na Liga San Miguel sen problemas. Zierbena, teño máis dúbidas, pero aquí nada se pode dar por seguro.

Voltar