Novas 2011

COMPETICION

16 Ago 2011

A LIGA SAN MIGUEL TÍNGUESE DE ROSA EN PASAI DONIBANE: OS ANFITRIÓNS PROCURAN SEGUIR A ESTELA DE HONDARRIBIA

A LIGA SAN MIGUEL TÍNGUESE DE ROSA EN PASAI DONIBANE: OS ANFITRIÓNS PROCURAN SEGUIR A ESTELA DE HONDARRIBIA

Pasai Donibane, 16 de agosto. - A Liga San Miguel visita domingo Pasaia, municipio de grande tradición remeira.

A regata do domingo será a 15ª xornada puntuábel da tempada, e repartiranse 22.500 euros en premios. A Bandeira está patrocinada por Iberdrola, e tamén colaboran a Autoridade Portuaria de Pasaia, e o Concello de Pasaia. Esta tarde realizaronse a presentación da proba no antigo Concello de Pasaia, e nela estiveron presentes Antxon Sistiaga, presidente de San Juan Iberdrola e Oskar Novoa, directivo de San Juan Iberdrola.

A regata comezará ás 12h00. A distancia a percorrer será a clásica, 5.556 metros, na modalidade de contra o reloxo, e as quendas confeccionaranse en base a Clasificación Xeral da Liga San Miguel que resulte da regata da véspera.

Cada embarcación defenderá as súas cores con enerxía, a mesma enerxía que porán os remeiros para conseguir a Bandeira Iberdrola, patrocinador da regata e da traíña da casa. Os rosas mantivéronse case toda a tempada na quenda de honra, e iso é un logro que ten moito mérito. Os pasaitarras enfrentan a recta final da liga coa intención de se achercar a Hondarribia, e non dar opción á cántabra Astillero para que os desprace da 4ª praza, a última que otorga o premio de vogar coas mellores traiñas. Media ducia de puntos separan a Pasai Donibane do reto de acadar os veciños de Hondarribia. Que mellor escenario que a casa de seu para acurtar esa distancia.

Voltar