Novas 2016

ESPECIAL

04 Mai 2016

A Liga Euskotren xa ten aspirantes

A Liga Euskotren xa ten aspirantes

Sete traiñeiras tratarán de se facer cos tres billetes que se porán en xogo e que permitirán vogar xunto á vixente campioa, San Juan Iberdrola

Pouco máis de dous meses para que as embarcacións da Liga Euskotren comecen a dar paladas e impriman sobre a auga todo o traballo realizado ao longo destes meses invernais. O 9 e 10 de xullo, Orio e San Sebastián darán o banderaizo de saída ao primeiro fin de semana feminino con dúas xornadas de playoff, nas que ademais de ser puntuábeis para a propia Liga Euskotren, servirán para saber cales son as tres embarcacións que acompañarán á vixente campioa, na loita polo cetro.

Así, e como xa aconteceu o ano pasado, Cabo será a única aspirante galega. En canto que do lado guipuscoano serán Jamones Ancín Hibaika, Orio Babyauto, Donostia Arraun Lagunak-Donostiako Berdintasuna, Hernani Iparragirre Sagardotegia, Getaria-Zarautz e NT2 Hondarribia, que volve nesta oitava edición á batalla da Liga Euskotren. 

Galegas e vascas levan moitos meses preparándose para non perder a oportunidade de competir ao máximo nivel nas oito xornadas que completarán a Liga Euskotren e que as levará a remar, entre outros, a Getxo, Zumaia ou Zarautz, onde a dobre xornada volverá coroar á campioa no 13 e 14 de agosto con maillot blanco da CaixaBank.

Voltar