Novas 2021

COMPETICION

20 Xul 2021

A Liga Euskotren máis emocionante xamais vista

A Liga Euskotren máis emocionante xamais vista A Liga Euskotren máis emocionante xamais vista

No ecuador da tempada, tanto Donostia Arraun Lagunak como Orio Orialki están a colideraren a clasificación con cadansúas tres vitorias 

A Liga Euskotren chegou ao ecuador da súa tempada. Xa se desputaron seis das doce regatas previstas no calendario, e até o de agora, a igualdade que se viu nesta tempada, non se tiña visto nunca. Tanto a loita polo título como a loita por evitar o descenso están que ferven. Por arriba, Donostia Arraun Lagunak e Orio Orialki igualadas a 19 puntos, igual que Hondarribia Bertako Igogailuak e Donostiarra Lacturale, que tamén están igualadas a 11 puntos na clasificación.

Dende o comezo da tempada dous equipos gañaron as bandeiras en xogo, e son quen enfundaron o maillote de líder, Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak. Mais é certo que Donostiarra Lacturale e Hondarribia Bertako Igogailuak tamén estiveron perto de ondearen algunha Bandeira no que vaia de tempada.

A loita polo liderado entre Arraun Lagunak e Orio está igualada; ambas tripulacións conseguiron tres vitorias, e grazas á obtida en Getxo, as donostiarras voltan liderar a clasificación. A loita por esquivar o descenso tamén está que arde. Hondarribia Bertako Igogailuak, cos dous segundos postos obtidos esta fin de semana en Orio e Getxo, acada a Donostiarra Lacturale, que tiña comezado ben na Coruña, e en Zierbena ficou a medio segundo de obter a primeira bandeira da tempada.

A igualdade das catro traiñeiras tamén se reflicte nos maillotes que portan as patroas. A estrela de CaixaBank foi na parte frontal de Orio e Arraun Lagunak, mentres Orio tamén levou o maillote de mellor patroa. Actualmente, Hondarribia Bertako Igogailuak é quen loce o maillote laranxa que distingue á mellor patroa da Liga, por primeira vez, e a verdade é que Miren Garmendia e a súa tripulación están a se esforzar para o manter. Logo da Bandeira Donostiarra – Turismo Castilla La Mancha Miren igualaba a Nadeth Agirre na clasificación de mellor patroa, e son tres xornadas consecutivas mantendo o maillote, e dende a última regata saca unha vantaxe de tres puntos sobre a patroa de Orio Orialki.

Para ver a emoción equiparábel a esta temporada, teríamos que retroceder ao ano 2010, onde Gipuzkoa vencía a Galiza na clasificación xeral malia remataren ambos con 28 puntos. Cada unha das tripulaciónses gañou en catro regatas, sendo segundas cando a rival vencía. A loit pola terceira e cuarta posición non tivo grande emoción, dado que Bizkaia foi terceira en todas as regatas, mentres que Cantabria rematou en cuarta posición en todas as regatas, excepto na primeira xornada de Zarautz, que non puido participar pola lesión da patroa Alba Rocillo, a quen se lle saiu do sitio o ombreiro no quentamento.

Reflexo no share da televisión
A igualdade que manteñen as remeiras na auga, tamén está tendo a súa emoción fóra da auga. As audiencias das emisións de ETB están a subir. Logo dun primeiro fin de semana onde o éxito foi total, nas dúas fins de semanas seguintes os datos incluso foron aumentando. En catro das seis regatas desputadas da Liga Euskotren o share superou o 11,5%, mentres que a media das seis emisións case chega ao 10% do share. Uns datos que amosan a progresión que leva a competición e a igualdade que existe esta tempada, mellorando os datos de campañas anteriores.

Como se resolve un empate na clasificación?
En caso de empate a puntos, a clasificación resólvese polo número de vitorias obtidas por cada traiñeira. En caso de proseguir o empate, a clasificación resólvese grazas ao último resultado obtido. En 2010, a última vitoria foi de Gipuzkoa, por iso levou a Liga Euskotren a selección gipuzkoana, mentres que a última vitoria en Getxo, dalle o liderado momentáneo a Donostia Arraun Lagunak. 

Voltar