Novas 2013

COMPETICION

11 Xul 2013

A II. BANDEIRA EUSKO LABEL ESCOLLERÁ AS 3 PARTICIPANTES QUE ACOMPAÑARÁN A ZUMAIA NA LIGA FEMININA

A II. BANDEIRA EUSKO LABEL ESCOLLERÁ AS 3 PARTICIPANTES QUE ACOMPAÑARÁN A ZUMAIA NA LIGA FEMININA A II. BANDEIRA EUSKO LABEL ESCOLLERÁ AS 3 PARTICIPANTES QUE ACOMPAÑARÁN A ZUMAIA NA LIGA FEMININA

Tras a disputa da segunda regata correspondente á Liga Euskotren, celebrarase a sétima xornada puntuábel da Liga San Miguel – Coroa La Caixa

A Liga San Miguel chega a unha das perlas do Mar Cantábrico: San Sebastián. Na baía da Concha celebrarase a II. BANDEIRA EUSKO LABEL, sétima proba puntuábel da competición. Eusko Label participou na xornada Basque Country celebrada o pasado mes de xuño en Barcelona promocionando os produtos vascos na capital catalá e esta vez continuará coa promoción dos produtos de Euskadi, en especial do bonito do norte,  patrocinando unha das xornadas máis atractivas da tempada remeira. O ano pasado Zarautz acolleu a primeira edición da Bandeira Eusko Label e este ano Donostia acollerá a segunda edición tanto da regata masculina como da feminina.

 

Este mediodía celebrouse a presentación das dúas regatas no Aquarium de San Sebastián e a ela acudiron o Sr. Asier Arrese, director de HAZI (Corporación do Goberno Vasco para o Desenvolvemento do Medio Rural e Mariño), o Sr. Vicente Zaragüeta, presidente do Aquarium de San Sebastián e o Sr. Pedro Andueza, xerente da ACT.

 

A xornada comezará ás 12 do mediodía coa disputa da regata feminina, proba que decidirá as tres participantes definitivas da Liga Euskotren que acompañarán á actual campioa Zumaia Salegi Jatetxea Itziar. A proba disputarase na modalidade de contra o reloxo, e as 8 embarcacións partirán cun intervalo dun minuto entre si. Cómpre lembrar que as tres prazas lograranas aquelas embarcacións que máis puntos sumen despois da disputa das regatas de Pedreña, na véspera, e o domingo, en San Sebastián. Unha vez rematada a regata feminina, comezará a masculina, sétima proba puntuábel da presente tempada. As quendas estabeleceranse en base á clasificación da regata disputada en Pedreña na VIII Bandeira Marina de Cudeyo – Gran Premio Dynasol.

Voltar