Novas 2014

ASOCIACION

09 Ago 2014

A decimocuarta xornada celebrarase en Noja

A decimocuarta xornada celebrarase en Noja

Os socios reuníronse esta tarde en Asemblea e decidiron que o encontro organizado por Astillero se traslade a esta localidade cántabra

Esta tarde celebrouse en Moaña unha Asemblea Xeral de socios onde o único punto da orde do día era a aprobación do traslado a Noja o vindeiro 23 agosto da regata organizada por Astillero. Daquela, e despois de recibir o informe do propio club cántabro, así como o informe técnico elaborado polo Comité Técnico que se desprazou até a localidade para comprobar todas as especificacións en primeira persoa, os socios aprobaron a petición de traslado de Astillero.

Polo tanto, a decimocuarta xornada da Liga San Miguel terá o seu punto de partida na Praia de Tregandín, onde os clubs terán que afrontar en catro longos unha regata de mar aberto. 

Voltar