Novas 2014

COMPETICION

17 Xu˜ 2014

A batalla polo maillote branco de la Caixa

A batalla polo maillote branco de la Caixa

Desde o ano 2008 vense recoñecendo o traballo do patrón, outorgándolle un premio ao mellor destes.

Durante a tempada na que as tripulacións da Liga San Miguel pugnan por se facer coa desexada 'Coroa la Caixa', non só se premia as mellores embarcacións de cada regata. Desde o ano 2008 vense recoñecendo o traballo do patrón, outorgándolle un premio ao mellor destes. Cada regata, mediante uns criterios obxectivos, califícase a actuación dos patróns. Así pois, o primeiro, segundo e terceiro clasificado obterán tres, dous e un punto respectivamente. O líder desta clasificación será o encargado de portar o 'maillote la Caixa' e, ao remate da tempada, o campión recibirá un trofeo e un premio en metálico de mans de La Caixa.

Con todo, o Comité Técnico será o encargado de outorgar os puntos ao patrón en cada regata por orde de destreza, execución e bo facer dirixindo a súa tripulación. Para elaborar a clasificación, o comité disporá dos datos obxectivos que ofreza o GPS, ademáis do seguemento que se faga a cada traíña durante o desenvolvemento da regata. Os datos do GPS amosarán os metros realizados, o tempo invertido en virar na ceavoga -tomados desde 50 metros antes a 50 metros despois do punto da baliza correspondente- e o factor relativo resultante do traballo realizado apenas polo patrón (velocidade da embarcación pola velocidade do xiro da ceavoga). Por outra banda, calificarase a pericia do patrón para dirixir á súa embarcación. Deste xeito, ao patrón que mellor cumprira con estes condicionantes outorgaránselle tres puntos, dous ao segundo e un ao terceiro.

Voltar