Novas 2012

ASOCIACION

23 Xu˜ 2012

A ACT MIRA CARA ZIERBENA, COMEZO DA LIGA SAN MIGUEL

A ACT MIRA CARA ZIERBENA, COMEZO DA LIGA SAN MIGUEL

O sábado celebráronse en Castro Urdiales dúas asembleas da ACT

Na Asemblea Ordinaria destacaron os seguintes puntos:

 

· Aprobación das actas das catro derradeiras asembleas.

 

· A aprobación de varias partidas pendentes do orzamento 2012. O orzamento total da Asociación, incluídos os premios das regatas privadas, ascende a 750.000€. Dentro destes supostos subliña a continuidade da liña para os gastos do viaxe do club galego (30.000 euros).

 

· As modificacións propostas aos regulamentos da ACT son adiadas para a próxima tempada.

 

· Aprobación de eventuais modificacións no calendario de regatas da Liga 2012.

Apróbase de xeito oficial a mudanza da regata de Pedreña a Ribamontán al Mar (Loredo) e ratifícase O Grove como municipio para a disputa da Bandeira Euskadi Saboréala. As xornadas do sábado comezarán todas ás 18h00 e ás 12h00 as do domingo. Cando haxa regata da Liga Euskotren, ésta encetará sempre á xornada

Voltar