Novas 2024

ASOCIACION

20 Xu˜ 2024

Último longo antes do inicio da competición

Último longo antes do inicio da competición

A gala de presentación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren decorrerá este venres no Aquarium de Donostia.

En pouco máis dunha semana comezarán as competicións da ACT e como é costume xa por estas datas, mañá, venres, decorrerá a gala de presentación da Liga Euskotren e Liga Eusko Label.

Autoridades, patrocinadores, remeiros, representantes dos clubs, medios de comunicación… encontraranse no Aquarium donostiarra para gozar dunha velada onde o mundo do remo no seu conxunto celebrará o inicio da tempada 2024.

A actriz Aitziber Garmendia fará de mestra de cerimonias acompañada do saxofonista Dani Herrero. Os campións e as campioas da pasada campaña, Bermeo Urdaibai e Donostia Arraun Lagunak, recibirán as réplicas da Coroa CaixaBank e o trofeo Euskotren respectivamente.

Despois do acto principal, os asistentes poderán gozar no restaurante do Aquarium duns aperitivos feitos con produtos Euko Label, maridados coa cervexa da competición, Keler.

Voltar