Novas 2022

ASOCIACION

15 Set 2022

Remando en boa compañía

Remando en boa compañía

Na vixésima tempada da Asociación vogamos canda patrocinadores fieis

A Asociación de Clubs de Traiñeiras cumpre a súa vixésima tempada, e faino canda uns fieis compañeiros de viaxe. Tres dos nosos patrocinadores, fan máis de dez tempadas connosco, o que significa que facemos media vida xunto a eles. 
 
Ao longo destas vinte tempadas, o seu apoio serviu para ver medrar e consolidar a Asociación, e así, as súas dúas competicións. A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren son uns grandes acontecimentos deportivos do verán, que foron medrando cada tempada. Grazas á súa axuda, foron incorporándose diferentes melloras en ambas competicións que permiten medrar e achegar as competicións aos seus seguidores.
 
Malia as dificultades que houbo ao longo deste camiño, crise económica ou pandemia entre outros, o patrocinio de cada un foi importante para que tanto a Liga Eusko Label como a Liga Euskotren non sufrisen na súa actividade, e inclusive se inserisen diferentes novidades que axudasen a medrar a ambas competicións. 
 
Por todo isto, só podemos agradecer a todos os patrocinadores que nos acompañastes ao longo destas vinte tempadas, mais especialmente a EiTB, a Eusko Label e a CaixaBank por vogardes connosco ao longo destes 20, 15 e 10 tempadas respectivamente. 

Voltar