Novas 2022

COMPETICION

04 Ago 2022

Getaria preparada para a estrea

Getaria preparada para a estrea

Representantes municipais e da Getariako Arraun Elkartea presentaron na praza da vila as regatas do vindeiro domingo. Haberá dúas bandeiras en xogo: na Liga Euskotren, a Getariako Ikurrina – 500. Urteurrena Saria e na Liga Eusko Label a Getariako XIII. Ikurrina – 500. Urteurrena Saria.

En representación de Arraun Elkartea interviu o seu presidente Xabier Goikoetxea. Segundo informa, os remeiros están motivados e desexaría que o do domingo sexa unha continuación do traballo que se está a realizar esta tempada. Ademais, lembra que no ano pasado a bandeira gañouna o equipo local. A ex remeira Eneida Etxabe también acudiu á presentación, e tivo nas mans a bandeira da liga feminina que estará en xogo por primeira vez este ano.

O alcalde Haritz Alberdi salientou a emoción de que a Esperanza compita na ACT e augurou que o domingo será un momento de alegría. O concelleiro de Deportes, Ekaitz Esteban, animou á xente a acudir para animaren os remeiros.

Aínda, tamén fan un chamado aos afeccionados que vaian de fóra para unírense ás 10:00 horas na praza, e canda os trikitilaris e pandeiros da localidade, así como cos txistularis, baixar ao peirao, onde se colocará unha pantalla xigante para ver a regata e animar os deportistas.
 

Voltar