Novas 2022

COMPETICION

10 Xul 2022

Orio Orialki leva a V. Bandeira Cidade da Coruña

Orio Orialki leva a V. Bandeira Cidade da Coruña Orio Orialki leva a V. Bandeira Cidade da Coruña

Malia a vitoria de Donostia Arraun Lagunak, as aguiluchas salvan a bandeira grazas á vantaxe da primeira xornada

Donostia Arraun Lagunak foi a traiñeira máis rápida na 2ª xornada da V. Bandeira Cidade da Coruña cruzando a meta 2 segundos antes que Orio Orialki. Porén, a renda non serviu ás donostiarras para remontaren e levar a Bandeira Cidade da Coruña, mais si para colocárense no liderado da Liga Euskotren.
 
Con 14 puntos as donostiarras e Orio Orialki comparten o liderato, mentres que Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 é 3ª con sete puntos, e Tolosaldea Arraun Kluba pecha a xeral con 5 puntos.
 

Urdaibai conquista a VI Bandeira Cidade da Coruña
Urdaibai completa unha fin de semana perfecta con dúas vitorias e a conquista da primeira bandeira da tempada; VI Bandeira Cidade da Coruña. A Bou Bizkaia voltou ser a mellor na xornada dominical superando na meta a Amenabar Donostiarra Ur Kirolak por 1 segundo e a Matrix Hondarribia por 4". Con este resultado e a suma dos tempos do sábado, levan a VI Bandeira Cidade da Coruña.
 
Pola súa banda, Orio Orialki non puido manter o liderado tras unha regata na que non atopou a súa remada, e dende o comezo da quenda cedeu varios metros, finalizando a regata no cuarto lugar. Donostiarra colócase de novo no liderado, superando nun punto á Bou Bizkaia.

Voltar