Novas 2022

COMPETICION

25 Mai 2022

10 aspirantes para a Liga Euskotren 2023

10 aspirantes para a Liga Euskotren 2023

Rematado o prazo para presentar a documentación para os ascensos directos e os playoffs

A pouco máis dun mes para o comezo da tempada da Liga Euskotren, a competición continua coa súa folla de ruta marcada. Así, os clubs aspirantes a participaren na competición feminina na tempada 2023 presentaron a súa solicitude para competiren nos playoffs de ascenso, xunto con toda a documentación requerida. A Xunta Directiva da ACT, logo de analizar toda a documentación aportada polos citados clubs, procedentes da ARC-ETE e ALN, admitiron todas as solicitudes presentadas, polo que agora os clubs terán que conseguir a súa participación por méritos deportivos.

Clubs aspirantes a ascenderen á Liga Euskotren da temporada 2023:

• Club de Remo Cabo da Cruz
• Club de Remo Chapela
• Deustuko Arraun Taldea
• Hernaniko Arraun Elkartea
• Hibaika Arraun Elkartea
• Hondarribia Arraun Elkartea
• Ondarroa Arraun Elkartea
• Sociedad Deportiva Tirán
• Zarautz Arraun Elkartea
• Zumaiako Telmo Deun A.K.E.

Voltar