Novas 2021
ESPECIAL
18 Xu˜ 2021
Xa está disponíbel a nova APP da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren!
Batura Mobile foi a encargada do deseño da nova app, máis intuitiva, rápida e con moitas novidades.
A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren estrean nova app para todos os dispositivos móbiles Android e iOS. A empresa de desenvolvemento de aplicacións móbiles Batura Mobile foi a encargada de redeseñar por completo a app co obxectivo de ofrecer unha grande experiencia no consumo dos contidos das Ligas Eusko Label e Euskotren.
Un produto de primeiro nivel con novas funcionalidades que permiten mellorar o seguemento da actualidade informativa, estatísticas, planteis e ademais, un seguemento da regata en directo cun redeseño nunca antes visto en ambas as dúas ligas.
O lanzamento da nova app reforza a aposta da ACT por ofrecer o mellor aos e ás seguidoras da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren.
Non perdas toda a emoción da loita pola Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren 2021!
A aplicación xa está disponíbel na Apple Store e en Google Play de forma gratuita.