Novas 2021
COMPETICION
16 Xu˜ 2021
"Temos vontade de ver que saen os froitos"
Iker Cortés, o adestrador de Hondarribia Bertako Igogailuak está entusiasmado de cara a nova temporada, onde conseguir a permanencia será o seu primeiro obxectivo.
O adestrador hondarribitarra está satisfeito co traballo realizado na pretempada, onde a Covid-19 non mudou moito os seus planos. “Adestramos ben. Tivemos un confinto, e despois algunha tivo que parar por ser contacto estreito, máis en xeral puidemos adestrar bastante ben”, comenta Cortés.
A respecto do seu plantel, veas “motivadas e con moita gana. Estivemos adestrando moi ben e moi fortes todos estes meses e as raparigas teñen vontade de ver que saen os frutos”, advirte o técnico.
Falando dos obxectivos é claro e asegura que o principal obxectivo será “eludir o descenso”. Daí, todo o que lles veña será benvido para a traiñeira hondarribitarra, que tampouco desbota pelexar por unha bandeira, “se se nos pon algunha bandeira a tiro, non deixaremos de tentalo”, ameaza Cortés.
Aínda que é consciente de que para gañar a bandeira será unha pelexa difícil, “Orio, Donostiarra e Arraun, todas están moi fortes, todas gañaron bandeiras. Vai ser complicado, pero daremos o noso 100%”, asegura o técnico hondarribitarra.