Novas 2020

ENTREVISTAS

16 Set 2020

Catro aspirantes a unha praza

Catro aspirantes a unha praza

Tres clubs vascos e un galego loitarán esta fin de semana por unha praza na vindeira edición da Liga Euskotren

Chegamos a esa parte do verán na que se comezan a decidir varios dos aspectos que serán moi importantes nos clubs de remo de cara a vindeira tempada, como por exemplo, en que categoría competirán. Niso están os catro equipos femininos que participarán esta fin de semana no playoff da Liga Euskotren.

Os campos de regatas de Bermeo e Portugalete acollerán estas dúas regatas de promoción, na que no formato contra o reloxo, catro equipos loitarán para conseguiren a praza restante que aínda está libre para a Liga Euskotren da vindeira tempada. As candidatas a esta praza son, da Liga ETE, Tolosaldea Arraun Kluba e Hibaika Jamones Ancín; representando a Liga Galega, Cabo; e defendendo a súa condición de equipo da Liga Euskotren, Hondarribia Bertako Igogailuak.

Falamos cos seus adestradores para que nos conten como foi este verán nas súas respectivas ligas e que opcións teñen nestas dúas regatas de playoff.

Voltar