Novas 2020
ESPECIAL
24 Xul 2020
Os segredos da ría de Bilbao
Aitor Mojas, presidente de Deustu Arraun Taldea, analiza o campo de regatas da XI e II Bandeira de Bilbao
Este sábado, a emoción da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren chegará á ría de Bilbao coa desputa da II e XI Bandeira de Bilbao. As traiñeiras de ambas as dúas competicións remarán en formato contra o reloxo nun percorrido que as levará do Concello de Bilbao á altura da Universidade de Deusto, pasando a carón do Museo Guggenheim. Aitor Mojas, presidente do club bilbaíno Deustu Arraun Taldea, contounos as peculiaridades deste campo de regatas.