Novas 2017

ESPECIAL

05 Set 2017

Cinco candidatos para dous postos

Cinco candidatos para dous postos

 Xa coñecemos os nomes dos cinco aspirantes que loitarán o vindeiro 16 e 17 de setembro no playoff da Eusko Label Liga

Coa desputa das últimas dúas xornadas da loita pola Coroa CaixaBank, tamén se porán en xogo no playoff as dúas prazas que darán opción a remar a vindeira tempada na Eusko Label Liga. Como vén sendo habitual, Bermeo e Portugalete acollerán o 16 e 17 de setembro unha nova edición do playoff de ascenso, onde cinco embarcacións competirán polos dous postos na elite do remo.

Os cinco equipos participantes nestas dúas regatas son S.D. Samertolameu, C.R. Puebla, Donostiarra, Santurtzi Iberdrola e Ares, quen defenderá o seu posto na Eusko Label Liga.

Voltar