Novas 2017

ESPECIAL

05 Xul 2017

Orio vólcase coa Eusko Label Liga

Orio vólcase coa Eusko Label Liga

A vila guipuscoana acollerá a terceira xornada da competición masculina e a primeira xornada do playoff da Liga Euskotren
 

Tras deixarmos atrás o primeiro fin de semana de competición, a caravana da Eusko Label Liga trasladarase a terras guipuscoanas para pór en xogo as Orioko XXVII. Estropadak – V. Orio Kanpina Bandera e a VI. Bandeira Euskotren, con motivo da terceira xornada da competición. Precisamente o sábado dará comezo unha nova edición da Euskotren Liga, coa desputa da primeira das dúas xornadas do playoff onde se decidirán que catro traiñeiras loitarán este verán polo Trofeo Euskotren.

As quendas e a orde de saída desta Orioko XXVII. Estropadak veñen definidas pola actual situación da clasificación xeral da Eusko Label Liga. Así pois, na primeira quenda estarán Astillero, Ondarroa Cikautxo, San Pedro e Ares; na segunda Cabo, Zierbena Bahías de Bizkaia, San Juan Sumelec e Tirán Pereira; e por último na quenda de honra Kaiku Producha, Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia. Tras a desputa da regata masculina, chegará o momento da regata da Liga Euskotren na que as traiñeiras deberán percorrer unha distancia dunha milla náutica e media en formato contra o reloxo, con dous longos e unha ceavoga. A orde de saída desta primeira xornada do playoff decidirase nun sorteo que se celebrará na reunión de delegados.

Este mediodía celebrouse o acto de presentación da regata no Camping de Orio. Nela, entre outros, estiveron presentes José Ángel Zaldua, alcalde de Orio e Ibon Huegun, presidente de Orio Babyauto.

 

Consulta dossier da regata

Voltar