Novas 2017

ESPECIAL

11 Mai 2017

Endika Alberdi ponlle ritmo ao mes de maio

Endika Alberdi ponlle ritmo ao mes de maio

O remeiro de Orio Babyauto prepara unha listaxe na que predomina o rock
 

Coa chegada do mes de maio toca engadir unha nova playlist na conta de Spotify da ACT, onde recollemos as cancións que máis lles gustan aos remeiros da Eusko Label Liga. Da man de Endika Alberdi, remeiro de Orio Babyauto, chéganos unha playlist na que predomina o rock por riba de todos os demais xéneros.

Temas como Ama, Ama, Ama y Ensancha el Alma (Extremoduro), Rojitas las Orejas (Fito y Fitipaldis), Bahía de Pasaia (Barricada) ou Izarren Hautsa (Ken Zazpi) forman parte desta playlist de maio onde o rock ten unha grande presenza. Endika inclúe na listaxe Txus, Johnny, Salve e Ellos Dicen Mierda do grupo aravés La Polla Records, o que deixa entrever que o remeiro é fan do grupo liderado por Evaristo. Por último, podemos atopar dúas cancións con unha clara relación co remo como son Mirotzak, do oriotarra Benito Lertxundi, e Regatas en San Sebastián, canción que conta historias de San Pedro, primeiro club onde remou Endika, nas regatas desputadas antano na capital guipuscoana.

Voltar