Novas 2016

ESPECIAL

03 Out 2016

Unha familia de 22.000 integrantes

Unha familia de 22.000 integrantes

Xuntando todas as redes sociais da Liga San Miguel, somos unha comunidade de 22.000 seguidores

A RAE define familia como aquel grupo de persoas emparentadas entre si que viven xuntas. Nós temos un parentesco en común claro, o remo, e isto fai que vivamos xuntos, mesturando todo tipo de emocións e interaccións. Unindo os seguidores de Facebook, Twitter, Instagram e Youtube, formamos unha comunidade de 22.000. Unha comunidade que co paso do tempo se convertiu en familia, unha familia con unha mesma paixón. Cada vídeo, cada foto e cada publicación sen as vosas interaccións non terían sentido, é por iso que vos queremos agradecer todo o cariño que recibimos neste tempo. E para celebrar e agradecer a vosa fidelidade, o vindeiro 13 de outubro realizaremos un cuádruple sorteo dun maillote da Liga San Miguel asinado por Gorka Aranberri; un maillote CaixaBank do Mellor Patrón asinado por Endika Pérez e Unai Oliden; unha txapela da Liga San Miguel; e máis un platanito da Liga Euskotren.
Moitísimas grazas! 

Ganador Maillot Liga San Miguel: Tomás Toscano

Ganador Maillot CaixaBank Mejor Patrón: Pepe Gisbert

Ganador Txapela: Mikel Etxabe

Ganador Platanito Liga Euskotren: Irune Urtizberea

Voltar