Novas 2016
ESPECIAL
06 Out 2016
Xa está aquí 'O que Lojo non ve 2016'!
Con Benigno Lojo como presentador da sección, volta o vídeo cos momentos máis divertidos da Liga San Miguel 2016
Xa está aquí un dos vídeos máis agardados da tempada, onde os remeiros se amosan tal e como son e os afeccionados divírtense canda eles. Toca ver o que deu de si a tempada 2016, e para isto, guiámonos por todas as imaxes que as cámaras de ACT TV captaron ao longo da competición. As cámaras de ACT TV veno todo, e cando alguén menos o agarda, a cámara xa ten a imaxe que buscaba.
Presentado por Benigno Lojo, remeiro de Cabo, chega ‘O que Lojo non ve’ unha recompilación dos momentos máis divertidos e curiosos da Liga San Miguel e máis da Liga Euskotren 2016. Silencio, que comeza a estrea…