Novas 2016

ESPECIAL

12 Set 2016

O Tour Coroa CaixaBank chega ao seu fin

O Tour Coroa CaixaBank chega ao seu fin

A localidade biscaína de Bermeo é a derradeira parada do Tour Coroa CaixaBank

Tras estar nove días na oficina central de CaixaBank de Bilbao situada na Gran Vía, o #TourCoronaCaixaBank pon rumbo a Bermeo, no que será a décima e derradeira parada desta particular ruta. Estamos a unha semana de coñecer o desenlace da Liga San Miguel, o Tour chega á casa dun dos favoritos a obteren o título. Máis concretamente, a Iglexa Santa María, situado na praza central de Bermeo será o sitio que acolla a prezada Coroa CaixaBank. Así pois, todo aquel que se fotografe co trofeo, sigan en Twitter a @actraineras e suba unha foto co hashtag #TourCoronaCaixaBank participará no sorteo destes premios: un pase dobre para vivir ao vivo no barco da Liga San Miguel a entrega da Coroa CaixaBank o vindeiro 18 de setembro, e material deportivo de Kon Sports (colaborador oficial da Liga San Miguel).

Aproveita esta última parada para conseguir estes grandes premios!

Voltar