Novas 2016

ESPECIAL

07 Set 2016

Fran Montes imprime ritmo á #PlaylistDeSetembro

Fran Montes imprime ritmo á #PlaylistDeSetembro

O remeiro de Portugalete Eulen, Fran Montes, é o encargado de confeccionar a playlist deste mes

O último mes de competición para a Liga San Miguel 2016 arranca con unha nova lista de reprodución. Desta vez, a #PlaylistDeSetembro compúxoa Fran Montes, remeiro galego da ‘Jarrillera’. A playlist preséntase moi variada, xa que combina temas clásicos con cancións de actualidade.

En canto aos clásicos, podemos atopar cancións como “Living on a prayer” de Bon Jovi, “Total eclipse of the heart” de Bonnie Tyler, “I have a nothing” de Withney Houston ou “No one like you” de The Scorpions.

E muda totalmente de rexistro con cancións como “Ay mi dios” de Pitbull, “Andas en mi cabeza” de Daddy Yankee ou “Soledad” de Don Omar, co que aporta un ambiente máis festivo á playlist.

A que esperas para gozar da mellor música da Liga San Miguel?
 

Voltar